SciELO - Scientific Electronic Library Online

 
vol.3 número5O Desenho impossível ou os limites da comunicação em Jorge Pinheiro'Where Are My Glasses?' 'Where The Fuck Are My Glasses?' A 'Grande Narrativa' a partir do caso de António Olaio índice de autoresíndice de assuntosPesquisa de artigos
Home Pagelista alfabética de periódicos  

Serviços Personalizados

Journal

Artigo

Indicadores

Links relacionados

  • Não possue artigos similaresSimilares em SciELO

Compartilhar


Revista :Estúdio

versão impressa ISSN 1647-6158

Estúdio vol.3 no.5 Lisboa jun. 2012

 

AVANT

A metodoloxía de traballo de Antoni Muntadas, A traducción cultural e o Work in Progress

Antoni Muntadas method: about 'on translation' and his work in progress

 

Silvia García González*

*Espanha, artista visual. Profesora da Facultade de Belas Artes de Pontevedra, Universidade de Vigo (UV) e membro do grupo de investigación DX7 Tracker Laboratorio visual (UV).

Endereço para correspondência

 

 

RESUMO
O obxetivo é analizar algúns aspectos da metodoloxía dos proxectos artísticos do artista Antoni Muntadas (Barcelona, 1942), un artista conceptual que traballa en proxectos ó longo de varios anos. Tanto o Work in Progress como o Site Specific permite integrar proxectos en distintos lugares do mundo baixo un paraugas conceptual común, no artigo trataremos dous proxectos integrados en On Traslation.

Palabras chave: Muntadas, On traslation, Work in progres, Site Specific.

 

 

ABSTRACT
The aim of this text is to analyse some of the features of Antoni Muntadas (Barcelona, 1942) method from his art work. His work in progress and site specific items can be fitted in a conceptual common frame. In this text we will look into two projects from 'on translation.'

Keywords: Muntadas, On translation, Work in progres, Site Specific.

 

 

Introducción

Neste artigo pretendemos analizar algúns aspectos da metodoloxía coa que constrúe as obras o artista Antoni Muntadas (Barcelona, 1942), un artista conceptual que comezou no ámbito artístico nos anos 70 do século XX no contexto do grupo catalán Group de Treball, antes de trasladarse a New York cunha bolsa de estudios que fixo que se establecera en EEUU, como un dos lugares dende os que traballa para proxectos ó redor de todo o mundo. Na actualidade imparte clases no MIT en Boston i en Venecia.

As súas obras artísticas organízanse en torno a proxectos que duran varios anos, nun work in progress que combina coa idea de Site specific, porque o contexto configura a orientación específica de cada traballo. Dependendo da institucións museística e artística coa que traballa e a proposta de colaboración que estableza, traballa coa exposición como dispositivo que pon en relación diversos ámbitos, o artístico e o social. Analiza o contexto social no que se insire o seu traballo dende unha perspectiva transnacional, exercitando a lectura das cidades nas que traballa, buscando un certo pathos. A súa metodoloxía require dun análise pormenorizado pero o mesmo tempo, revélase como unha ferramenta útil, un posible modelo para outros artistas.

 

1. On Translation

A idea de tradución cultural plásmase nos proxectos de On Translation que desenvolveu dende o ano 1995 onde ocupan un lugar clave os protocolos que interfiren e median nos procesos de comunicación. A traducción non atinxe só os procesos lingüísticos, a traducción afecta tamén ós procesos culturais, ós protocolos informáticos, e o ritual da comunicación…Como un observador atento da realidade era lóxico que no transcurso dos anos reparase nos procesos de comunicación que son chave para poder levar a cabo un proxecto, unha obra concebida para un contexto e que non foi xerada na soídade do estudo empaquetada, transportada e mostrada polos especialistas das institucións como lle sucede a unha grande parte dos artistas.

Nas notas que publicou no volumen On traslation: I Giardini atopamos as referencias ós seus propósitos (as notas están datadas no comezo do proxecto On Translation en 1995):

On Traslation es una serie de obras que exploran cuestiones de transcripción, interpretación y traducción. Del lenguaje a los códigos. Del silencio a la tecnología. De la subjetividad a la objetividad. Del acuerdo a las guerra. De lo privado a lo público. De la semiología a la criptografía. (Muntadas, 2005:16)

Atopamos esplícitamente o propósito de analizar dende o ámbito artístico os mecanismos de comunicación, de traducción cultural que se producen cando falamos de arte contemporáneo que se amosa en institucións públicas e privadas de distintas partes do mundo. As súas obras polo tanto amosan, tamen para os artistas, os intersticios do sistema artístico (obxetivo doutro proxecto que desenvolveu o longo de varios anos Entre/ Between, a última intervención-exposición que na actualidade 2011-2012 pódese contemplar no MNCARS en Madrid).

 

2. Site specific

No seu traballo segue a idea de site specific porque o contexto configura a orientación específica de cada intervención. En Venecia, no pabellón español, traballou coa propia historia dos Giardini onde ten lugar a Bienal de Arte, arquitectura creada a un evento concreto, no que a intra-historia dos pabellóns revela as estratexias socio-políticas do poder e a súa manifestación a través da arte, a documentación xenerada nesa búsqueda sera recopilada na publicación, creando non un simple catálogo, senón un dispositivo que se activa tamén despois da exposición. Na súa estratexia de búsqueda e análisis pon en marcha equipos multidisciplinares de persoas que no contexto dos workshops analizan o contexto social e cultural invitando a arquitectos, urbanistas, historiadores e estudantes a que percorran a cidade nunha especie de "deriva antiturística" e intenten aprehendela dende distintos puntos de vista.

Nos dispositivos e intervencións nos que inxire os seus proxectos evidencia os mecanismos de comunicación, a linguaxe da publicidade, a dos políticos, a dos Media. Busca o intersticio no diálogo coas imaxes que se produce na rúa, co propósito de subertir a imaxe, facendo que o cidadán se chegue a percepción crítica, coma un xeito de tomar consciencia do sistema de poder que agochan as imaxes.

A mensaxe que Muntadas coloca na vía pública, na fachada do pabellón español na Bienal de Vencecia, e tamén como papel adhesivo para pechar sobres, ou como pegatina nunha farola (Figura 1), un dispositivo mediador en distintos soportes, a mensaxe di:

¡Atención! a percepción require implicación.

 

 

Toda unha declaración de intencións que transita no seus proxecto só longo de varias décadas, podemos advertir ese propósito de interferir na mirada do cidadán sen resultar invasor, sen colaborar dende a arte á inflación do mobiliario urbano.

En canto ó contexto no que traballa en cada actuación, na publicación titulada Muntadas la construcción del miedo y la pérdida de lo público, Muntadas escribe nas súas notas datadas de 2006:

Cada Proyecto tiene que asumir su propio contexto y lo que ese contexto genera, y no debe crear una producción mecanicista por el simple hecho de que existan ciertas situaciones y problemáticas similares. Esa es una de las razones de no poder anticipar una duración final del proyecto (Muntadas, 2008:85).

O proxecto On Translation Fear / miedo analizou o paralelismo de dúas situacións similares na fronteira entre México e EEUU e a fronteira entre España e África, analizando mediante entrevistas os estereotipos, os medos, a manipulación da información e os prexuizos que se dan en ambos casos, sin permitir que o excesivo énfasis nos paralelismos nos obligue a simplificar o ánalise, por iso en sentido o traballo no propio contexto, a complicidade cos equipos multidisciplinares que traballan sobre o terreo e non permiten aplicar a mirada colonizadora do artista-xenio o que estamos tan acostumados.

 

3. Work in Progress

Os procesos de traballo de Muntadas son case sempre proxectos a longo prazo, nos que a colaboración entre equipos multidisciplinares é esencial. Neses proxectos prodúcese unha continua negociación que atinxe a producción, as institucións culturais, os mediadores que invitan a Muntadas a participar nun proxecto, por iso é frecuente que os proxecto evolucionen ó longo dos anos e permanezan en stand by ou xeneren outros proxectos.

Este foi o caso por exemplo de TVE que lle encargou facer un programa para Metrópolis pero cando comezou a investigar nos arquivos de TVE e como esta institución non coidaba debidamente os seus propios arquivos, anularon o encargo, polo que despois dun tempo decidiu crear en internet un arquivo mundial da censura (File Room) como un modo de reaccionar, exortizar o que para outros artistas sería un fracaso esteril. Tomou nese sentido o proxecto fracasado como un site specific, e decidiu crear unha ferramenta que servira para que outros artistas e cidadáns puderan difundir outros casos de censura relacionada coa arte. Polo tanto no transcurso dos proxectos retómanse as ideas, reconstrúense, e actívanse mediante unha intervención específica que pode ser unha intervención especial, un dispositivo on-line, unha pegatina ou unha publicación. O traballo en proceso, permite incorporar na reelaboración de cada proxecto novas realidades, procesos que se reconstruen en cada novo dispositivo.

 

Conclusión

O traballo por proxectos analizado no presente artigo revélase como unha metodoloxía útil que pode ser (como noutros ámbitos) aplicado no campo artístico, Muntadas aplicou este modelo de forma efectiva, acomodando as particularidades de cada participación no contexto so sistema da arte (como no caso da súa participación na Bienal de Venecia representando a España no pabellón español. Unha das dúbidas que nos xurden analizando a súa traxectoria, e si o espectador non se sinte abrumado pola cantidade de información dispoñible que constitúe cada proxecto, información que contida na publicación conforman un dispositivo efectivo de arquivo e comunicación, pero que no contexto da exposición probablemente apenas roce a percepción do apresurado paseante que lle bota un vistazo as obras colgadas nos museos pero elude a implicación da lectura e análise das decenas de documentos que se lle mostran.

 

Referencias

AAVV (2002) Muntadas: On Translation. Barcelona: Ed Actar.         [ Links ]

AAVV (2005) Muntadas: On Translation. I Giardini. Madrid: Ed. Ministerio de asuntos Exteriores y de cooperación.         [ Links ]

AAVV (2008) Muntadas. la construccion del miedo y la perdida de lo publico. Granada:Centro José Guerrero, Diputación de Granada.         [ Links ]

 

 

Artigo completo submetido em 20 de janeiro e aprovado em 8 de fevereiro de 2012.

 

Endereço para correspondência

Correio eletrónico: silviagarcia@uvigo.es (Silvia García).

Creative Commons License Todo o conteúdo deste periódico, exceto onde está identificado, está licenciado sob uma Licença Creative Commons